Elvira Blanco, nova responsable local do BNG de Ribeira

    RIBEIRA> Seguindo co proceso de renovación iniciado xa coa elección do novo consello comarcal, o BNG de Ribeira, elixiu por unanimidade a Elvira Blanco coma nova responsable local. Substitúe no cargo a Vicente Paz, que levaba ostentando esta responsabilidade dende o ano 2012. Blanco compaxinará este cargo coa tarefa que viña desempeñando na organización xuvenil da formación, ó ser tamén a responsable de Galiza Nova no Barbanza. Completan a composición do consello local, Xosé Antonio Vázquez Cobas como responsable de política municipal, Pilar Sampedro, responsable de mar, Luís Pérez Barral, encargado de comunicación e de mocidade, María Guitérrez, responsable de Igualdade, Cruz Rivadulla no eido de acción social, Xosé Antón Parada, responsable de finanzas e ensino e Vicente Paz á fronte da área de asociacionismo.