VILAGARCÍA> Dous sindicalistas da CIG declararon esta mañá nos Xulgados de Vilagarcía, a raíz da denuncia interposta, por un suposto delito de inxurias contra o ex xerente da residencia Valle Inclán, Enrique Martínez.
Esta é a imaxe do momento, no que Xoán Xosé Bouzas e Esther Fernández Campoamor, ambos sindicalistas da CIG, abandonaban os Xulgados de Vilagarcía, despois de acudir a citación do xuíz, por un suposto delito de Inxurias contra o ex xerente da residencia Valle Inclán de Vilanova.
Esta situación xurde tras un largo conflito laboral con despedimentos. Tanto Bouzas como Campoamor insisten, en que si defender os dereitos dos traballadores é considerado unha inxuria, seguirano facendo.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/21/declaracion_valle_inclan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/21/declaracion_valle_inclan.mp4{/flowplayer}