Catro novas empresas para o viveiro de Barro-Meis

    MEIS> Catro novas empresas en trámites para a súa instalación no polígono de Barro Meis.

    As compañías dedícanse: unha á actividade sociosanitaria en formación e rehabilitación, outra ao transporte de mercadorías perecedoiras, unha terceira á construción e rehabilitación enerxética de edificios e a última é un emprendedor que importa e exporta froitas. Agora uniranse a “Eurotec Inspección” con quen xa se asinara un acordo o día da inauguración. Outras catorce empresas puxéronse en contacto coa Deputación de Pontevedra para interesarse polos espazos, feito que a Presidenta salienta con orgullo, xa que menos dun mes despois da súa inauguración xa se amosou o interese dos empresarios para ocupar o 37% do espazo.