3.000€ para a Rede Axuda

PONTEVEDRA> O Rotary Club de Pontevedra doa preto de 3.000€ á Rede Axuda do Concello. Os fondos recaudados no II  Concerto Solidario de Nadal serán destinados axuda farmacéutica, alimentación  e material escolar.

 

600 quilos de alimentos non perecedoiros e máis de 2.800 euros son a recadación do II Concerto Solidario de Nadal “El Mundo es Música” que organizaron o Rotary Club de Pontevedra e o Conservatorio Mayeusis. Recadación que se entregaba esta mañá ao programa Rede Axuda do Concello de Pontevedra. Os cartos serán repartidos en tres grandes bloques que procurarán mellorar as condicións de vida das familias pontevedresas.

Esta achega dará tranquilidade ás encargadas da repartición da Rede Axuda que terán agora un colchón co que traballar.

O Rotary Club celebra tamén outros eventos con fin solidario na cidade como o Certame de Pintura Rápida Cidade de Pontevedra ou a Xornada O Meu Pequeño Chef. En maio entregará o premio Servir que recoñece anualmente a entidades ou empresas destacadas por méritos sociais.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/18/doazon_redeaxuda.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/18/doazon_redeaxuda.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí