O trail de Castro Barbudo pechará en abril o circuíto Arousa Revolutrion

    RIANXO> Como cada unha das catro probas do Arousa Revolutrion Trail Series, a de Rianxo presenta características especias que teñen por obxectivo achegar ós corredores os elementos patrimoniais, etnográficos e naturais máis destacados do municipio. Ó longo dos trece quilómetros que dura o itinerario, con inicio na aldea de Chorente, os corredores percorrerán os sendeiros dun bosque de acacias, a contorna do Castro Barbudo ou o miradoiro do Alto da Cruz. Trátase dunha proba bastante esixente tecnicamente cun treitos de ata o trinta por cento de inclinación aínda que de piso cómodo polo que resulta máis atractiva para os corredores. Dado que se trata da última proba do circuíto, ademais da entrega de premios desta carreira, tamén se farán entrega dos galardóns ós gañadores do Arousa Revolutrion Trail Series. OS participantes que completaran as catro probas recibirán un agasallo. As inscricións estarán abertas ata o trinta de marzo e poden realizarse na web arousa.com onde os participantes atoparán tamén información sobre aloxamentos, restaurantes e demais servizos da zona.