Reunión cordial pero sen acordo

    VILAGARCÍA> Continúa o caso Megasa. Esta mañá a Plataforma Cidadá a favor do centro comercial reuníase en Ravella co equipo de goberno para tratar de por enriba da mesa ambas posturas e chegar a un acordo. De maneira cordial a suspensión de licencias mantense, pero dende a plataforma esperan que varela cumpra a súa promesa de fomentar o emprego.

     

    Trala achega de máis de 1.500 firmas no rexistro a favor de reabrir o debate acerca da posibilidade de construír un área comercial nos terreos de Megasa, a plataforma cidadá a favor do emprego que pretende consultar á veciñanza acerca da suspensión das licencias a áreas comerciais no concello de Vilagarcía reuníase esta mañá co alcalde e o seu equipo para pór en común ambas posturas. Reunión que transcorreu segundo afirmaron de forma cordial, pero sen acordo.

    Un dos puntos máis importantes foi a creación de emprego, ante o temor dos integrantes da plataforma de perder a oportunidade de crear novos postos de traballo nese área comercial, punto polo que solicitaron intervir no vindeiro pleno municipal e polo cal se están a reunir co resto de grupos políticos do concello.

    Polo momento, e a pesar do cordial da reunión, a suspensión de licencias segue aprobada polo período dun ano.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/18/reunion_varela_plat_megasa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/18/reunion_varela_plat_megasa.mp4{/flowplayer}