![]()
RIBEIRA> O conselleiro de Presidencia anunciou a aprobación dun novo decreto que profesionalizará o traballo dos vixiantes dos areais.
{flowplayer}barbanza/rueda_praia_vilar.flv{/flowplayer}
A praia do Vilar, en Riberia, foi o escenario escollido esta mañá para que o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, anunciara o inminente decreto con que a Xunta pretende regular e, sobretodo, profesionalizar os labores de salvamento no mar durante a tempada de vacacións. Un sector que a partir de agora contará cunha normativa que recoñecerá a profesión como tal dándolle un carácter do que agora carece.
Formación específica
Ademais establecerase unha formación específica e mínima coa que deberán contar os futuros profesionais desta rama e que en setembro será detallada polo miúdo a tódolos afectados por este proceso. Unha visita na que o conselleiro estivo acompañado ademais pola delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e polo alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz,e na que tanto un coma outros deron boa conta do traballo que realizan os profesionais de salvamento durante o verán a pé, mesmo, de praia.
Redacción Barbanza









