O executivo de Nós Pobra traballa xa na elaboración dos presupostos deste ano

    POBRA> O goberno municipal xa ten convocado diferentes reunións veciñais de cara a buscar uns orzamentos participativos. A finalidade é sacar adiante o documento o máis axiña posible para que non aconteza a situación vivida o pasado ano, na que os presupostos comezaron a executarse en agosto. O alcalde valorou tamén o acontecido hai un par de semanas coa aprobación do Plan Único da Deputación da Coruña. Piñeiro negou que non se realizaran negociacións para chegar a un acordo das obras a incluír, tal e como denunciaban dende a oposición. Finalmente o executivo pobrense destinará 250 mil euros a sufragar gasto corrente, otros 14 mil euros a pagar a redacción dos proxectos que se prevé acometer e 175 mil para amortizar débeda. Entre as obras máis importantes, figuran os saneamentos no lugar de Cadreche e en Casanova, no Campiño, a pavimentación do acceso sur do polígono e a mellora do aparcamento e o peche perimetral do campo de fútbol de Cadreche.