PONTEVEDRA> Primeira reunión de Alfonso Rueda cos deputados do PP na Deputación. O novo líder provincial respaldou o labor que o grupo está a realizar no organismo provincial, e sumouse ás súas críticas contra a xestión do bipartito PSOE- BNG. Rueda denunciou a parálise da Deputación co novo goberno.
Dar unha óptica de partido á situación actual da Deputación de Pontevedra. Este foi o punto principal que abordaron os deputados do Partido Popular e o novo presidente provincial no encontro que mantiveron esta tarde. Para Alfonso Rueda, o PP ten un papel fundamental.
Rueda tamén valorou a xestión do actual goberno provincial. O popular falou de inactividade e de falta de democracia, e asegurou que a súa formación xa está a recoller queixas de moitos alcaldes polo funcionamento da Deputación.
O presidente provincial recordou a visita que realizaron os deputados do PP á Valedora do Pobo, para trasladarlle as trabas que, aseguran, padecen cada día no desenvolvemento do seu labor de oposición.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/21/pp_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/21/pp_pontevedra.mp4{/flowplayer}