O Casco Histórico de Pontevedra recibirá preto dun millón de euros coa terceira fase da ARI

Pontevedra> O Concello de Pontevedra ven de solicitar a terceira fase da Área de Rehabilitación Integral. Preténdese con isto favorecer o aumento de residentes na zona monumental. Esta nova quenda da ARI contará cun orzamento de preto dun millón cincocentos mil euros e segue á execución case completada das dúas fases anteriores, das que o goberno municipal fai un balance moi positivo.

Unha vez solicitada a 3ª fase da  ARI, prevese que a finais deste mes se firme o acordo para a súa convocatoria. A partir de aí redactaríanse as bases e comezaría o prazo para realizar as solicitudes.  O orzamento destinado a esta fase será de preto dun millón cincocentos mil euros.

O concello fai un balance positivo da fase anterior, que rematará a súa execución en decembro de 2019 e que conta cun orzamento de algo máis dun millón setecentos mil euros. A día de hoxe, das 150 intervencións programadas, están executadas ou pendentes de execución 112, polo que o ritmo de resolución é alto.

Con estas axudas preténdese favorecer o centro histórico coma residencia, e manter o lixeiro aumento que se desprende da análise do censo.