Unha ferida de gravidade nun aparatoso accidente

    RIBADUMIA> Ferida de gravidade unha muller de 37 anos nun accidente en Ribadumia.

    O sinistro produciuse ao redor das 3 e media da tarde, mentres circulaba pola autovía de O Salnés en dirección Sanxenxo, pouco antes da saída Cambados-Ribadumia. Por causas que se descoñecen o vehículo saíuse da vía e empotrouse contra o quitamedos e a baranda dunha ponte. Debido ao estado no que que quedou o coche a muller tivo que ser excarcerada. Tras máis de media hora de traballos para conseguir sacala do vehículo, foi trasladada nun helicóptero do 061 ao Hospital CHUS de Santiago de Compostela. Ata o lugar tamén se desprazaron unha ambulancia asistencial con persoal do PAC de Cambados, a Garda Civil de Tráfico, Bombeiros do Salnés e Protección Civil.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/21/accidente_ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/21/accidente_ribadumia.mp4{/flowplayer}