AJE entregará o 25 de maio o 11º Premio Xoven Empresario do Ano

    PONTEVEDRA > O 25 de maio ás 20.00 horas terá lugar a entrega da undécimo edición do Premio Xoven Empresario do Ano no Pazo de Congresos de Pontevedra. O prazo de presentación de candidaturas remata o 15 de maio. Esta será a última edición dos premios con José Luís Vilanova como presidente, despois de 6 anos ó fronte de AJE.

    presentacionpremioaje_300_180406.jpgEntregaranse dous accésits que poderán recoñecer a mellor iniciativa empresarial, a mellor política de integración, o mellor programa de formación interna, a mellor estratexia de exportación, a mellor xestión empresarial ou a mellor xestión de medioambiente. A dotación para o premiado na undécima edición do Premio Xoven Empresario do Ano será de 6000 euros, a cantidade máis elevada que se dá en España para iniciativas de empresarios menores de 40 anos.

    Este ano o xurado estará formado por institucións e organizacións empresariais ou o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, entroutros. Como novidade, tamén formarán parte varios xornalistas. Vilanova Peña presidirá por última vez estes premios, anque sinalou que os presidentes das entidades provinciais lle propuxeron poñer en marcha a Federación Galega. O presidente de AJE manifestou que no caso de facelo, só poderá ser por uns meses xa que tamén está condicionado a menores de 40 anos.

    As bases do premio poden consultarse en www.ajepontevedra.com. Entre os membros do xurado, este ano estrearase o empresario Andrés Quinta, quen celebrou o traballo realizado ata o momento polo presidente de AJE durante 6 anos.

    Redacción Salnés