Ribeira estira unha campaña marcada polo alto prezo da ameixa

    RIBEIRA> A principios de mes, a confraría de Ribeira pechaba a extracción de ameixa babosa cun balance máis que satisfactorio grazas ás altas cotizacións. Os produtores dedícanse agora á ameixa rubia que manterán aberta ata finais de mes por mor dos altos prezos que está a acadar esta especie. A intención da agrupación é pechar as concesións a finais de mes co obxectivo de preparar os bancos de cara á campaña de verán que podería iniciarse polo mes de xuño.