![]()
VILAGARCÍA> A representante da plataforma cidadá polo emprego e a área comercial de Megasa, Lisset Reirís reuniuse, este mércores co voceiro do Partido Popular de Vilagarcía, para expoñer a súa intención, en canto a construción dunha nova área comercial nos terreos de Megasa.
O voceiro do PP de Vilagarcía, Tomás Fole, recibiu a representante da plataforma cidadá polo emprego e a área comercial de Megasa, Lisset Reirís. Unha reunión na que ambos expuxeron as súas posturas en canto a construción dunha nova área comercial na vila.
Fole cree que existe unha mala intención a hora de chamarlle centro comercial, a esta nova área, que segundo parece será un Alcampo de grandes dimensións.
O representante do grupo popular con concello, preguntou no anterior pleno municipal si no caso de que o Alcampo desistise na súa idea de abrir unha pequena zona de tendas particulares, no seu interior o concello admitiría o proxecto. Unha pregunta que segundo Tomás Fole, aínda non tivo unha resposta clara.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/23/fole_megasa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/23/fole_megasa.mp4{/flowplayer}









