A Asociación Vaipolorío recolle 170 quilos de lixo do río Gafos

PONTEVEDRA> A Asociación Vaipolorío celebrou esta fin de semana unha nova xornada de limpeza do río Gafos. Nesta ocasión participaron un total de 21 voluntarios que recolleron máis de 170 quilos de lixo. O colectivo pontevedrés pide a colaboración cidadá para as seguintes citas, que se levarán a cabo todos os domingos deste mes.

Éxito de participación na vixésima campaña de limpeza do río Gafos. Unha xornada organizada pola asociación Vaipolorío e na que participaron 21 voluntarios. En total, nesta ocasión conseguiron recoller 170 quilos de lixo.

Ademais do cristal e dos plásticos, durante esta última xornada, os voluntarios da asociación Vaipolorío atoparon tamén esta trampa con dúas troitas vivas.

E ademais desta trampa, na recollida tampouco faltaron as rodas e baterías de coche e, incluso as máscaras.

A asociación Vaipolorío continuará con esta campaña de limpeza ao longo de todo o mes e, como cada ano, contará coa colaboración dos membros da Asociación Xoán XXIII.

Todos os que queiran colaborar nas vindeiras xornadas de limpeza, poden inscribirse a través do teléfono 676 842 942.