O mes de outubro deixa un 63% de ocupación nas Rías Baixas

Pontevedra> O mes de outubro deixou uns resultados máis que positivos para o turismo nas Rías Baixas cun 63 por cento de ocupación. Concellos como o de Sanxenxo chegaron ao 73 por cento no aloxamento. Uns datos que deu a coñecer esta mañá a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva dixo que conseguir estes datos no mes de outubro tradúcese nunha moi boa noticia para o turismo da provincia. 

 

Despois de que as Rías Baixas vivisen un dos mellores veráns en canto a turismo se refire dos últimos 15 anos chegamos ao mes de outubro e tamén se volve a repetir esta tónica. Neste mes que acabamos de deixas as Rías Baixas acadaron un 63 por cento de ocupación, 20 puntos por enriba do mesmo mes no pasado 2015. Datos que esta mañá quixo salientar a presidenta de Deputación de Pontevedra. 

O Salnés quedou cunha ocupación do 60 por cento no mes de outubro, Pontevedra chegou ao 66 e concellos como o de Sanxenxo adquiriron o 73 por cento de ocupación. Esta mañá a presidenta da Deputación debuxou o perfil dos visitantes do pasado mes. 

Dende a Deputación deixaron claro que o importante na actualidade é poñerse a traballar con todos os sectores vencellados co turismo no Plan Director para conseguir seguir falando de bos datos no turismo os 12 meses do ano e non soamente aqueles máis próximos a época estival. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/04/turismo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/04/turismo.mp4{/flowplayer}