Xespol, a plataforma de xestión policial que será utilizada no Concello de Poio

POIO> A Policía Local de Poio conta, dende hoxe, cunha nova plataforma de xestión, coñecida como Xespol. Esta ferramenta reportará unha maior eficacia e eficiencia nos servizos policiais grazas á unificación dos criterios de actuación. Ademais o convenio, que foi asinado esta mañá, permitirá aos efectivos policiais xestionar todo o seu traballo administrativo, penal e de tráfico dende un mesmo espazo.

Esta é a plataforma de xestión policial que será utilizada durante os vindeiros 3 anos pola Policía Local de Poio. A ferramenta, coñecida como Xespol, unifica todos os criterios de actuación, así como todas as plantillas e impresos policiais. Ademais, conta con 40 bases de datos, 300 documentos preformateados e 20 organigramas protocolarizados. Isto permite aos axentes ter maior eficacia e eficiencia no seu traballo diario.

A Policía Local de Poio estivo probando esta ferramenta durante dous meses. Un prazo máis que suficiente para comprobar todas as vantaxes que lles ofrece e lles aporta na xestión diaria dos seus servizos administrativos, penais e de tráfico.

Tras comprobar os resultados desta ferramenta, o Concello de Poio, a Xefatura da Policía Local e os propios autores de Xespol asinaron esta mañá o convenio para poder seguir utilizándoa. Esta plataforma naceu hai 20 e a día de hoxe é unha das referencias na xestión policial de Galicia.

O Concello de Poio é un dos primeiros que utilizará esta plataforma no seu día a día, aínda que xa hai máis de 30 municipios que pediron formar parte de XesPol. Polo de agora, os autores desta ferramenta continuarán traballando para conseguir que en 2020 estea presente a posibilidade de tramitación bilingüe.