O Carlos Oroza de Pontevedra, Premio Loureiro de Ouro

PONTEVEDRA> A Festa das Cunchas de Pontevedra rende homenaxe aos 26 anos de historia do Carlos Oroza. O centro educativo recibiu hoxe o premio Loureiro de Ouro, pola súa contribución á profesionalización do sector hostaleiro da cidade. A Carpa do Mercado das Cunchas, por certo, estará aberta ao longo desta fin de semana, agardando unha gran afluencia de público.

Este era o momento no que o director do Carlos Oroza recollía o Premio Loureiro de Ouro, galardón que outorga o Concello de Pontevedra no marco da Festa das Cunchas. O centro foi recoñecido con este premio polos seus 26 anos de traxectoria a prol da profesionalización do sector hostaleiro na cidade. O seu máximo responsable amosábase emocionado pola distinción.

A concelleira de Promoción Económica da cidade considera que sobran os motivos para recoñece-lo traballo feito en todos estes anos polo equipo do Carlos Oroza.

A entrega deste premio tivo lugar no marco da segunda edición da Festa das Cunchas. Un evento gastronómico que ten como epicentro esta carpa instalada na Praza do Concello de Pontevedra. Permanecerá aberta ata o domingo en horario ininterrompido de 12 da mañá a 12 da noite.

A Festa das Cunchas enmarcarse no sprint final da candidatura de Pontevedra para converterse en Capital Española da Gastronomía 2023. O xurado fará pública a súa decisión a mediados do mes de novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí