PORTO DO SON> Detido un veciño de Porto do Son nunha operación antidroga tras interceptarse un cargamento de preto de oito toneladas de haxís a bordo dun barco ó sur de Cartagena. Os axentes de Vixilancia Aduaneira detectaron ó veleiro ‘Diosa Astarte’ con bandeira española, navegando sen rumbo fixo por unha zona onde frecuentemente se realiza o transporte de estupefacientes, denominada ruta do Mediterráneo Oriental. Tras abordar a embarcación, descubriron un cargamento de trescentos vinte fardos de resina de haxís. A operación saldouse con catro detidos: un de nacionalidade marroquí, outro boliviana e dous españois. Entre eles figura Joaquín Pérez Naveiro, veciño de Porto do Son, cun longo historial de episodios similares, entre os que figura unha condena por tráfico de drogas.
Inicio Barbanza - Muros - Noia