Noia solicitará ó Ministerio do Interior a implantación dunha Unidade de Estranxeiría

NOIA> O concello de Noia trasladará ó Ministerio do Interior unha solicitude para contar cunha Unidade de estranxeiría da Policía Nacional. Facilitaría a realización de trámites como a renovación do DNI sen ter que trasladarse ata Santiago ou Ribeira.

O alcalde de Noia mantivo a pasada semana unha xuntanza con representantes do Sindicato Unificado de Policía para abordar a viabilidade de contar con servizos adscritos á Policía Nacional. En concreto, o concello solicitará ó Ministerio do Interior unha unidade de estranxeiría para renovación do DNI e outros trámites relacionados. Dende o concello están a realizar tamén os trámites pertinentes ante a Xunta para contar en determinados momentos con axentes da Policía Autonómica.

Por outra banda, tamén se abordou a posibilidade de trasladar o arquivo dos xulgados,  que actualmente están en proceso de rehabilitación pars dotar de máis espazo e maior operatividade á sede xudicial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí