A piscina de Porto do Son arranca a tempada escolar con importantes novidades

    PORTO DO SON> Xa está aberto o prazo para inscribirse na ampla oferta deportiva da piscina municipal de Porto do Son. Entre as novidades deste ano destaca, por exemplo, un curso de hidroterapia ou sesións de acuagym gratuítas para os abonados. Co inicio do curso escolar aumenta considerablemente a actividade nas instalacións deportivas de Porto do Son. O complexo da piscina municipal inaugura a tempada con importantes novidades como un curso de hidroterapia ou actividades de acuagym gratuítas para os abonados. No que respecta ós escolares, haberá cursos de natación para tódalas idades en colaboración das ANPAS do municipio. Ademais das novidades nas actividades destaca a mellora da accesibilidade das instalacións coa adquisición dunha cadeira para que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder á piscina. Tamén se introducen bonificacións nas cotas para persoas dependentes, descontos na pistas de padel ou a posibilidade de que as parellas que convivan poidan beneficiarse do bono familiar. A maior parte das actividades comezarán no mes de outubro polo que xa está aberto o prazo de inscrición.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí