A conserva pecha a última xornada de folga cunha cacerolada no Barbanza

BOIRO> Éxito da terceira xornada de folga no sector da conserva. Segundo os sindicatos, máis do 90 por cento dos traballadores secundou este paro. No Barbanza, Boiro volveu ser o epicentro das protestas cunha cacerolada que congregou a centos de traballadores.

A praza do concello de Boiro volveu ser o escenario da mobilización do sector da conserva no Barbanza. Centos de traballadores concentráronse ás portas da casa do concello para participar nesta sonora cacerolada coa que chegaron á súa fin as tres xornadas de paro convocadas dende o 21 de xaneiro para demandar melloras na negociación dun novo convenio colectivo.

A pesar dos pequenos avances conseguidos nos últimos días, as negociacións volveron estancarse ó non conseguir chegar a acordo patronal e sindicatos.

Así as cousas, traballadores están dispostos a seguir a dar a batalla para conseguir un convenio xusto que promova a igualdade salarial e a garantía do seu poder adquisitivo.