O pleno rexeita o cambio de nome de Miguel Rodríguez Bautista

    RIBEIRA> A rúa Miguel Rodríguez Bautista manterá o seu nome. Así o aprobou a corporación no pleno da pasada tarde no que se debatía a proposta conxunta de PSOE , BNG e Ciudadanos para a retirada da nomenclatura. Os votos en contra de PP, IPdeR e a edil non adscrita, Lola Elorduy, evitaron que a proposta saíse adiante. Dende que se coñecera a intención de BNG, PSOE e Ciudadanos de retirar o nome á rúa Miguel Rodríguez Bautista, a división entre a sociedade ribeirense fíxose evidente. Mesmo os veciños iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas, na que acadaron preto de dúas mil, para evitar o cambio de nome. De aí, a expectación xerada polo pleno celebrado a pasada tarde no que se debatía esta proposta que contou coa asistencia de numeroso público. A tensión caracterizou o debate deste punto da orde do día, con constantes interrupcións por parte dos asistentes. Finalmente, os votos en contra do PP, IPdeR e a edil do grupo mixto, Lola Elorduy, botaron abaixo a demanda do resto da oposición polo que a o ex alcalde manterá a rúa co seu nome.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí