AMBAR volve apostar polo cine español no seu calendario solidario

POBRA> O cine español volve ser protagonista do calendario solidario de AMBAR. Nesta sexta edición, inclúense as portadas de filmes como ‘La Victoria’, ‘Dolor y Gloria’ ou Elisa y Marcela.

Como se de auténticas estrelas de Hollywood se tratara, os actores participantes no calendario solidario de AMBAR foron recollendo o seu trofeo. A entrega simbólica de prmios tivo lugar esta mañá no Teatro Elma da Pobra onde se presentou a sexta edición deste calendario.

Un ano máis, as fotografías recrean as portadas de películas españolas. Títulos como ‘Elisa y Marcela’, ‘Que se mueran los feos’ ou ‘Dolor y Gloria’ ilustran os distintos meses do ano. O resultado non pode ser mellor, dada a profesionalidade dos actores, dos fotógrafos e de tódolos colaboradores na ambientación, decorado e vestiario.

Dende AMBAR quixeron tamén agradecer a colaboración da academia Yara que, un ano máis, foi a responsable da caracterización dos actores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí