O BNG de Noia votará en contra dos orzamentos

    NOIA> Para os nacionalistas trátase dun presuposto ostentoso e partidista. Botan en falla máis investimento en saneamento e gasto social. O grupo municipal do BNG de Noia saiu hoxe ós medios para facer unha valoración do documento orzamentario que será sometido á súa aprobación inicial no pleno de mañá martes. Critican a falla de negociación, e que non se tiveran en conta as propostas dos grupos da oposición á hora da súa elaboración. Para os nacionalistas trátase dun orzamento ostentoso, que ascende no seu total ós once millóns e medio de euros, pero que apenas dará resposta ás verdadeiras necesidades do concello. Neste sentido aluden á escasa partida destinada ó saneamento, que para eles debera ser unha das principais prioridades. Outra das súas demandas pasaría por aumentar a partida destinada a gasto social.