MUROS> O concello de Muros demanda unha solución urxente ás carencias que presenta o servizo de pediatría. Na actualidade contan con tan só un especialista compartido co centro de saúde de Carnota.
Non se trata dun problema novo nin dunha situación puntual posto que dende hai un ano o servizo de pediatría no Centro de Saúde de Muros conta con tan só un médico. Un dos pediatras permanece de baixa dende entón e a única facultativa en activo presta tamén servizo varias horas á semana no centro de saúde de Carnota.
A alcaldesa muradá insta á Xunta a cubrir de inmediato a baixa de longa duración para recuperar a normalidade e evitar o colapso do servizo.










