Ecoloxistas defenden que ‘hai calado’ para recibir en Vilagarcía ao buque insignia de Greenpeace

VILAGARCIA> A polémica esta servida: Greenpeace quere atraca-lo seu buque insignia no porto de Vilagarcía, pero a Autoridade Portuaria de que non, que non se pode porque non hai calado abondo. Esta mañá, XAS, un colectivo xuvenil da comarca, puxo en marcha unha campaña de apoio á organización ecoloxista. Critican a postura do porto vilagarcián porque, segundo din, o calado é suficiente.

O peirao do Ramal ten un calado de sete metros e o buque que Greenpeace quere atracar no porto vilagarcián , Rainbow Warrior, precisa 5.1. Partindo destes datos, os membros da Asociación Xuventude Activa en Sinerxía, XAS, reivindica que “hai calado” suficiente como para recibir na cidade á embarcación insignia da organización ecoloxista.

Dende o colectivo critican a falta de respecto cara a defensa do medio ambiente que, ó seu xuízo, está amosando o porto vilagarcián ó non dar acollida a este buque. As trabas que está atopando Greenpeace para atracar en Vilagarcía, tamén as atopou no porto de Vigo. O buque que pretende facer parada este mércores na capital arousá pretende ofrecer un programa de actividades divulgativas.

A Autoridade Portuaria insiste en que as actividades anunciadas por Greenpeace non están autorizadas e non se poden celebrar por motivos de seguridade e que o peirao de pasaxeiros non ten calado suficiente. De non consegui-lo permiso portuario, o colectivo ecoloxista estuda fomenta-lo buque na ría de Arousa para tentar lanzar igualmente súa mensaxe en defensa do planeta.