Pontevedra, capital da natación máster

PONTEVEDRA> As piscinas de Pontemuíños acollerán esta fin de semana o Campionato Galego Máster de Inverno de Natación. A categoría terá dúas citas máis na comarca nestes primeiros meses do ano: en febreiro, Pontevedra será o escenario do Campionato de España e celebrarase en Marín o Trofeo Memorial Gerardo Steudel.

O campionato Galego Máster de Inverno, organizado polo Clube Natación Galaico, celebrarase os días 19 e 20 de xaneiro na piscina olímpica de Rías do Sur en Pontemuíños. Reunirá a 439 nadadores de 26 clubs.

O Campionato de España da categoría, que agrupa a nadadores de 25 anos en diante, tamén se celebrará en Pontevedra, entre o 7 e o 10 de febreiro no mesmo emprazamento.

Completa a axenda da natación máster na contorna o Trofeo Memorial Gerardo Steudel, que terá lugar na Escola Naval de Marín e que homenaxea ó que fora adestrador no CGTD, impulsor do equipo de natación do RCN de Vigo e profesor de Educación Física na propia Escola Naval.

A competición autonómica desta fin de semana desenvolveranse na tarde do sábado (de 17.00 a 19.50 horas) e na mañá e tarde do domingo (de 10.00 a 12.50 horas e de 16.00 a 18.20 horas).