A peonalización de Barcelos e Hospital convence á maioría

PONTEVEDRA> Gran acollida da praza do hospital na súa inauguración na tarde de onte. A maioría da cidadanía pontevedresa ve con bos ollos a creación de espazos peonís como este ou a praza de Barcelos, que continúa as obras de mellora da mobilidade e de creación dun espazo para os recreos do colexio.

 

Decenas de Pontevedreses se xuntaron onte na inauguración da xa bautizada como Praza do Hospital nun acto onde o protagonismo recaeu sobre os nenos que puideron desfrutar dunha festa infantil e unha actuación musical.

O espazo, de 1.200 metros cadrados, combina formigón de alta resistencia, granito e unhas lousas ecolóxicas nas que se incorporan materiais reciclados. Dotada de mobiliario urbano e árbores que darán sombra nun futuro, a praza conta máis adeptos que detractores.

Outra das obras de peonalización que se está a executar estes días é a da Praza de Barcelos, que contará cunha zona de paso restrinxido a vehículos entre o Colexio Barcelos e o lateral do convento de Santa Clara, un espazo do que agora poderán desfrutar todos os pontevedreses pero especialmente os alumnos do centro nos seus tempos de recreo. A reforma tamén foi ben acollida aínda que ten os seus detractores debido á desaparición de prazas de aparcadoiro.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/enquisa_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/01/enquisa_pontevedra.mp4{/flowplayer}