Tarifa plana no transporte municipal

    VILAGARCÍA> Vilagarcía lanzará unhas dúas mil tarxetas para estrear a súa oferta de Bono Bus. O transporte urbano poderase utilizar na vila, sen restricións por 20 euros mensuais. 

     

    Vilagarcía está a punto de estrear a súa tarifa plan de bus urbano. A partir de agora, a tarxeta custará uns 20 euros e terá que ser recargada cada 30 días dende a data do primeiro uso, en calquera das doce liñas que recorren o municipio. 

    Esta é unha idea da concellería de Urbanismo, xunto coa empresa concesionario do servizo. A súa adquisición será tramitada directamente pola empresa de autobuses Pereira, que se encargará ademais de facer as recargas dos usuarios. Unha medida que parece ter unha boa acollida ata entre os traballadores do gremio. 

    E na calle, opinións para todos os gustos.

    A tarxeta non é a única novidade que o transporte urbano está a punto de incorporar. Ravella e Pereira estudan a posibilidade de ampliar os horarios de servizo de cara a festas, festivais e a época estival. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/04/tarxeta_bus_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/04/tarxeta_bus_vilagarcia.mp4{/flowplayer}