Agís rompe o cuatripartito de Sanxenxo

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/ruptura_sanxenxo_agis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/ruptura_sanxenxo_agis.mp4{/flowplayer}

     

    SANXENXO> O edil de Sanxenxo Pode marcha do grupo de goberno e deixa a Gonzalo Pita nun tripartito sen maioría. O concelleiro razoou o seu abandono debido á falta de apoio na festa da Raia, a xestión do Plan Concellos, a ausencia dunha auditoría e aos continuos choques cos compañeiros de coalición. Sen unirse ao Partido Popular, o edil faise agora cun voto decisivo que pode paralizar o concello.

    O pleno municipal sanxenxí de onte remataba co anuncio do edil de Sanxenxo Pode de abandonar o cuatripartito tras discrepancias insalvables co grupo de goberno. 

    Entre as razóns aportadas polo concelleiro estaba a mala xestión dos cartos recibidos do Plan Concello,s que se repartiron na súa maioría entre os independentes de SAL e BNG só en tres puntos do municipio deixando abandonadas varias parroquias, a ausencia de reunións para tratar os presupostos, a inexistencia dunha auditoría que Sanxenxo Pode pedira dende a formación do cuatripartito, pero sobre todo a falta de apoio na polémica xerada pola realización da festa da raia.

    O que era concelleiro de Cultura e Festas renuncia a este cargo pero non a súa acta como edil, o que deixa a Gonzalo Pita cun tripartito sen maioría e dálle a Roberto Agís un voto decisivo ante o empate a 8 edís entre o grupo de goberno e o Partido Popular.

    En palabras de Agís non lle debe nada a ninguén e non está alí para estar de palmeiro, sabía que as súas decisións eran contundentes e terían repercusións pero era a súa labor, algo que lle falta segundo dixo a Gonzalo Pita que non toma decisións cando hai que tomalas. Agora, di, toca aprender a estar na oposición como cando comezou aprendeu a estar no goberno.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí