O Liceo incorpora ó certame audiovisual o Premio Especial do Público

liceovilagarcia100_020707.jpgVILAGARCÍA > Un total de 10.200 euros en premios. É o principal atractivo do Certame Audiovisual do Liceo Casino…

… Celebrarase probablemente entre o 28 de setembro e o 8 de outubro e, entre as novidades, destaca o Premio Especial do Público, dotado con 1.200 euros e o Premio ó Mellor Documental, con mil euros.

O certame audiovisual do Liceo Casino de Vilagarcía cumpre xa 35 anos e aproveitando esta celebración os seus organizadores queren que o festival se consolide como un punto de referencia dos cinéfilos de Galicia, e en especial de Vilagarcía. O Liceo modificou as bases do concurso polo que por primeira vez os arousáns poderán exercer de xurado e elixir o Premio Especial do Público, dotado con 1.200 euros.

O certame celebrarase en Vilagarcía probablemente entre o 28 de setembro e o 8 de outubro. O principal atractivo para os creadores será o incremento do orzamento de premios, que pasa de 9.000 a 10.200 euros. Este ano ademais entran a concurso os documentais con premio propio, dotado con mil euros. O prazo para presentar traballos remata o 6 de setembro. O Liceo espera superar os 372 recibidos na pasada edición, procedentes de máis de dez países. 

Ó igual que o ano pasado, repetiranse as actividades paralelas pero nesta ocasión concentradas nas datas do concurso. Ademais prepárase unha gran festa de despedida. Para facer fronte a todo isto, o Liceo fai un chamamento ó Concello de Vilagarcía e á Deputación para que colaboren economicamente con este certame. De momento teñen confirmados 10 mil euros da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual e uns 15 mil da Consellería de Cultura.

Redacción Salnés