Telmo Martín: “Se marcha outro concelleiro, actuaremos”

    SANXENXO> O Partido Popular de Sanxenxo tamén reaccionou ante a ruptura do cuatripartito e o seu voceiro Telmo Martín afirmou que os máis prexudicados serán os propios veciños. Asegurou que non van facer leña da árbore caída pero si actuarán se é polo ben de Sanxenxo.

    Para Telmo o municipio de Sanxenxo é un transatlántico que navega en augas pouco profundas e polo tanto moi difícil de gobernar aínda tendo maioría absoluta. Asegura que este foi dende o principio un pacto contra natura dun goberno sen proxecto que se unía, segundo expresou, por interese e pola gana de Pita de facerse coa alcaldía a calquera prezo. Os populares aseguran que non son uns oportunistas, pero si actuarán se marcha outro concelleiro.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/valoracion_telmo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/valoracion_telmo.mp4{/flowplayer}