O executivo ribeirense mellorará os accesos na rúa das Escaleiras

    RIBEIRA> O concello de Ribeira investiu trinta mil euros na adquisición de dúas parcelas para proceder á apertura da rúa das Escaleiras en Bandourrío. Na actualidade, tan só é posible acceder a esta zona onde se empraza unha ducia de vivendas a través dunha empinada escalinata. Deste xeito, é imposible o acceso de calquera tipo de vehículo, xa sexan particulares así como ambulancias ou calquera servizo de emerxencias. A intención do executivo é construír unha vía en conexión coas rúas Carqueixa e Romero Ortiz, que permita o tránsito rodado dando así cumprimento ás demandas dos residentes que levan tempo solicitando esta actuación.