BOIRO> Dimite a edil de Política Social, Feminismo, Igualdade e Medio Ambiente, Marisa Collazo. Ó parecer faino por motivos persoais. E que xa llelo tiña comunicado hai meses tanto ó alcalde coma ó resto de concelleiros do equipo de goberno. Detrás da súa decisión parece non existir ningún tipo de desavinza, pero o que si provoca é que a súa renuncia deixa máis tocado ó goberno socialista en minoría, que pasa de cinco a catro edís. Dáse ademais nun momento complicado, coa sombra da moción de censura, que agora, se cabe, cobra máis forza.
A ex-edil xa presentou o escrito de renuncia á súa acta de concelleira da corporación municipal na Secretaría Municipal, que deberá ser ratificada na vindeira sesión plenaria.
A súa vacante será ocupada polo seguinte na lista nos anteriores comicios municipais, Raúl Treus. Todo apunta a que si o fará e non renunciará a acta. Aínda que na actualidade ocupa un posto de confianza no Concello coma secretario do alcalde. De aceptar a acta de concelleiro deberá renunciar ó seu actual posto de traballo pola lei de imcompatibilidades.