![]()
SANXENXO> O goberno local de Sanxenxo, aborda unha nova etapa trala marcha do edil de Cultura, Roberto Carlos Agís. O executivo local, con Gonzalo Pita a cabeza, compareceu para explicar a situación na que queda o goberno da vila.
O cuatripartito que gobernaba Sanxenxo, dende o pasado mes de maio, rompíase onte cando se daba a coñecer a marcha do actual Concelleiro de Cultura, Alberto Carlos Agís, de Sanxenxo Pode.
Casi o mesmo tempo, comparecían Roberto Carlos Agís en Pontevedra, e o alcalde de Sanxenxo no concello, dende onde anunciaban calma ante o abandono do Edil de Cultura.
O alcalde da vila, explicou que Cultura pasará a depender de Sandra Fernández do BNG, Xuventude e Festas pasará a ser competencia de Jesús Sueiro do SAL, e o tenente alcalde, David Otero asumirá Comercio. Este último recoñeceu que tralo cuatripartito, a vida local continúa no tripartito.
Pola súa parte a socialista Coral González expresou palabras de gratitude para a concelleiro saínte.
O goberno local quixo recoñecer a labor de Agís no executivo e sinalaron a súa tranquilidade, porque este non pactará co PP, para propiciar un cambio de goberno. Unha “tensa calma” que choca co sentimento de Agís de “non sentirse apoiado”.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/ruptura_goberno-sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/ruptura_goberno_sanxenxo.mp4{/flowplayer}








