Martín leva a Juan Deza de número dous e mantén a Lago, María Deza e Guisasola

    SANXENXO> Os partido políticos comezan a pisar o acelerador de cara as eleccións municipais e esta fin de semana os candidatos de varios concellos das comarcas de Pontevedra, Barbanza, Muros Noia e O Salnés presentaron a lista dos nomes que comporán as súas candidaturas. Empezamos en Sanxenxo, onde o popular Telmo Martín dou a coñecer ás súas fichaxes. Juan Antonio Deza, Rafael Domínguez e Silvia Freire son as grandes novidades da lista coa que Telmo Martín intentará recuperar a alcaldía de Sanxenxo e mantela no bando popular. A candidatura enteira dábase a coñecer este sábado na praza pública de Vilalonga, a que Telmo inaugurara sendo rexedor do concello, e no que dous as claves que guiarán as propostas de campaña: ‘Traballo, proximidade e eficacia’. A man dereita de Martín será un funcionario de Aduanas, de 44 anos e veciño de Portonovo: Juan Antonio Deza. Será o número dous da lista. De tres, unha vella coñecida. Paz Lago, concelleira de Cultura e Educación coa actual rexedora. Tamén repetirán María Deza, de número cinco e Marcos Guisasola de sexto, responsables ata agora de Urbanismo e Facenda. No número catro entra outra cara nova, o mestre do IES Vilalonga Rafael Domínguez, e a outra novidade vén no número sete: Silvia Freire, de Nantes. O candidato popular apóiase nos 20 integrantes da súa lista para chegar nas próximas semanas a tódolos veciños de Sanxenxo. A eles promételles traballar polo emprego. ‘Non é tempo de grandes obras’, diría Martín, pero si promete sacar adiante proxectos como o novo colexio de Vilalonga ou a mellora da PO 308. Sen esquecer o turismo e a industria. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/13/candidaturatelmomartin.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/13/CANDIDATURA_TELMO.mp4{/flowplayer}