Albertina e Rocío, culpables da morte de Secundino

PONTEVEDRA> Albertina Táboas e Rocío Gondar son culpables de matar ao ancián de Chancelas. Así o determinou onte o xurado. Tras seis horas de deliberación, o veredicto foi unánime: consideran probado que as dúas mulleres mataron a Secundino Prego, de común acordo e causándolle un gran sufrimento. A Fiscalía pide para elas 20 anos de prisión por un delito de asasinato; a acusación particular, eleva a solicitude a 25. 

Para o xurado, non hai dúbida de que Albertina Táboas e Rocío Gondar son culpables da morte de Secundino Prego. Tras cinco días de xuízo e máis de seis horas de deliberación, consideran probado que o 2 de febreiro de 2014 ambas asaltaron á vítima na súa vivenda de Chancelas, golpearon ao ancián máis de 18 veces cunha tixola, co seu bastón e cunha pedra ata que remataron coa súa vida. O home non puido defenderse. Tralo ataque, deron aviso ás autoridades finxindo un roubo.

A confesión de Rocío Gondar, as probas, as análises de ADN, o testemuño de veciños ou os informes forenses, son as pezas nas que se baseou o xurado para elaborar o seu veredicto: consideran que Albertina Táboas planeou o asasinato de Secundino para quedarse con todos os seus bens, despois de que el a fixera herdeira universal cinco días antes do crime. Para contar coa axuda de Rocío Gondar, ofreceulle 5.000 euros.

Sobre esta última, o xurado aprezou atenuante de confesión, pero non considerou probado que actuara baixo un medo insuperable nin que sufrira trastorno de personalidade.

A Fiscalía pediu ao tribunal 20 anos de prisión para cada unha por un delito de asasinato, e unha indemnización de 50 mil euros aos dous fillos da vítima. A acusación particular eleva a solicitude a 25 anos de cadea e 300 mil euros de pago. Os avogados das acusadas xa anunciaron que recorrerán a setenza que dite a Audiencia de Pontevedra.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/veredicto_xuizo_chancelas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/05/veredicto_xuizo_chancelas.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí