Poio despide o seu Espazo Concilia tras atender 30 familias durante o verán

POIO> A piques de comezar o novo curso escolar, actividades como o Espazo Concilia do concello de Poio afrontan os seus últimos días de funcionamento. Participaron durante o verán 30 nenos de entre 3 e 12 anos, facilitando aos pais a posibilidade de ter atendidos aos seus fillos mentres eles traballan e a cativada está de vacacións.

A actividade no colexio Viñas de San Salvador, no concello de Poio, non parou durante o verán. O centro acolleu o Espazo Concilia entre os meses de xullo e setembro, para facilitar aos pais un lugar no que poder deixar aos seus fillos mentres eles traballan e a cativada está de vacacións.

Co inicio do curso arrancando xa este xoves, o Espazo Concilia afronta os seus últimos días de funcionamento. Un tempo no que atenderon a 30 nenos e nenas do municipio.

Dende o concello de Poio agradeceron, ademais, a colaboración do equipo directivo do colexio Viñas. Incidindo no importante traballo que desenvolven para paliar as deficiencias das instalacións.

O Espazo Concilia do Concello de Poio recibiu unha achega de case 9.700 euros da Xunta de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí