O mellor marisco saboréase estes días en Combarro

marpoio.jpg POIO> O peirao da Chousa acolle ata o domingo a Mostra Gastronómica da XI Festa do Mar, xunto con Artemar, concertos e outras actividades relacionadas co mar.

{flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_FESTA_MAR_2011.flv{/flowplayer}

Ameixas, arroz de mariscos, navallas, vieiras, camaróns, langostinos… outra cousa non, pero en que escoller para saborear os mellores produtos do mar vai sobrar de aquí o domingo en Poio. O Peirao da Chousa de Combarro acolle xa a carpa de degustación da décimo primeira Festa do Mar, un entorno que abría oficialmente á unha desta tarde xunto con Artemar, a Mostra de Artesanía.

Tanto a Mostra Gastronómica como Artemar permanecerán abertas en horario de mañá e tarde, das doce ás tres e media da tarde e de sete a once e media da noite. Á vez que estas actividades tamén están programados obradoiros tradicionais e outras citas salientables como a Concentración de Embarcacións Tradicionais que terá lugar o venres ás cinco da tarde, a terceira gala musical, coas actuacións dos grupos Cartas a Julieta, La Guardia e Gianco, o sábado a partir da media noite, ou o Certame de Bandas de Gaitas, o domingo ás oito do serán.

Redacción Salnés