A Ferrería acolle ata este domingo a “Festa dos libros”

FESTA DO LIBRO 2017> Esta mañá quedou inaugurada a primeira edición da Festa dos Libros na Praza da Ferrería, en Pontevedra. Unha cita na que participan 13 librarías da cidade do Lérez e que conta con máis actividades dende hoxe e ata o domingo 25 de xuño. Unha cita apta pata todos os públicos e máis que recomendada para os amantes da literatura. A Praza da Ferrería ten un protagonista único nestes días, o libro. Dende hoxe e ata este domingo este espazo da cidade do Lérez acolle a Primeira Edición da Festa dos Libros de Pontevedra. Unha cita na que participan 13 librarías da cidade e que conta con máis de 60 actividades espalladas ao longo destes tres días. O público amosouse esta mañá encantado con esta inicitiva. E os libreiros moito máis. Unha xornada onde tamén puidemos falar sobre este evento con dous escritores que participan no mesmo con José Balboa e Manel Loureiro. Así que xa o saben, poden desfrutar desta Festa dos Libros na Praza da Ferrería neste venres ata as once e media da noite, mañá sábado de 11:00 a 14:30 e de 18:00 a 23:30 e o domingo de 11:00-14:30 e de 18:00 a 22:00.