Barrantes ten ao mellor tirador de cañas de Galicia

    RIBADUMIA> O mellor tirador de cañas de Galicia está en Barrantes. O dono do bar O Encontro da localidade ribadumiense foi o gañador do terceiro certame de tiraxe de cañas organizado pola recoñecida marca Estrella Galicia. Dous tempos e seis pasos é o segredo da súa técnica.

    Dende este mes Barrantes alberga ao recén nomeado campión galego de tiradores de cervexa. Gustavo Rey, hostaleiro e músico, participou por primeira vez no concurso que unha coñecida marca de cervexa galega realizaba para atopar ao mellor tirador de cañas de Galicia e acabou alzándose co primeiro premio.

    Comezando na hostalería como moitos, para sacar uns cartos mentres estudaba, Gustavo traballou en diversos establecementos da contorna ata acabar rexentando O Encontro. Bares onde aprendeu a técnica que lle deu a vitoria.

    O premio, 600 euros e o seu peso en cervexa, momento no que Gustavo lamenta non ser máis grande, valeron tanto como a publicidade que está a gañar co seu título.

    A partir de agora Barrantes xa non será coñecida só polo seu viño.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/08/mellor_tirador_canas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/08/mellor_tirador_canas.mp4{/flowplayer}