Programación especial para o 150 aniversario de Valle-Inclán

PONTEVEDRA> A Fundación Valle-Inclán celebra o 150 aniversario do nacemento do autor cun ano cheo de actividades culturais. Unha das novas máis chamativas é a creación dun certame literario de relato curto para estudantes da ESO dos cinco concellos vallinclanianos.

 

150 anos despois do seu nacemento, a Fundación Valle-Inclán homenaxea ao dramaturgo vilanovés cun programa cheo de actividades coas que achegar ao público a figura e obra do autor.

Unha das máis novidosas é a creación dun certame de relato curso para alumnos de secundaria dos denominados concellos vallinclanianos: Vilanova, Cambados, Pontevedra, a Pobra do Caramiñal e Santiago de Compostela.

Tamén sairán as edicións conmemorativas de revistas como Bradomín ou unha biografía completa e actualizada do autor.

Dentro das actividades que realizarán no eido máis teatral a obra “A viaxe marabillosa. Valle Estético” estrearase o 29 de abril en Vilanova e o 18 en Cambados, “Que os leve o vento” o 4 de xuño en Vilanova e o 25 de agosto en Cambados, “Estacións valleinclanianas” o 25 xullo en Vilanova e “A ruta das verbas” todos os mércores de xullo en Cambados e todos os xoves de outubro en Vilanova de Arousa.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/08/programacion_valle_inclan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/08/programacion_valle_inclan.mp4{/flowplayer}