O Concello de Pontevedra modificará o seu crédito en 1.800.000€

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra levará a pleno dúas modificacións de crédito. A pertencente ao consistorio destinará máis de 400.000 euros á compra de composteiros, 743.000 á expropiación e adquisición de terreos e máis de medios millón a liquidación de débeda.

 

Pontevedra tratará no seu próximo pleno a modificación de crédito para o concello e para o Instituto Municipal do Deporte.

Aquela que afecta ao Concello ascende a máis de 1.800.000 euros dos cales 743.000 corresponden á expropiación e adquisición de terreos debido a ampliación da obra dos xulgados e ao pago de indemnizacións.

Outro dos puntos nos que se destinará máis de medio millón de euros é a amortización de débeda de varios contratos do ano 2015.

Os outros dous puntos que máis cantidades recollen son a compra de composteiros individuais e colectivos aos que se destinarán 400.000 euros que se sumarán a partida que xa estaba destinada a eles de 130.000, e cos que o goberno local cre que cubrirá gran parte dos barrios pontevedreses e a práctica totalidade do rural; e a aportación á deputación do último prazo para a realización da ronda urbana.

A outra modificación de débeda corresponde ao Instituto Municipal do Deporte que aumentará en 248.000 euros para a súa inversión nunha caldeira de biomasa, a promoción da actividade física e a creación de diversas actividades deportivas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/08/cambio_orzamento_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/08/cambio_orzamento_ponte.mp4{/flowplayer}