BARBANZA> Coa finalidade de afianzar o proxecto nacionalista e actualizar o seu discurso, o BNG vai desenvolver nas próximas semanas o proceso Adiante, xurdido a raíz do último Consello Nacional da formación. Cunha data límite fixada, marzo do ano que vén, data supeditada tamén ás procesos electorais, o BNG inicia o seu proceso de refundación baixo o nome de ‘Proceso Adiante’. O obxectivo non é outro que manter máis de cen asembleas abertas por toda a comunidade nas que se debaterá e se decidirá sobre os pasos a seguir pola formación. Será unha especie de reflexión ou debate interno para corrixir e mellorar de cara á ofrecer un proxecto nacionalista renovado e que aspire a todo. Na Barbanza as primeiras asambleas abertas deste proceso Adiante terán lugar en Ribeira e Pobra, aínda que lle seguirán outras por tódolos concellos da comarca. As persoas que o desexen tamén poderán facer as súas aportacións e achegas a través da páxina web: www.adiante.gal. Será unha fórmula máis que complementará e reforzará os procesos de participación tradicionais como é o caso das asambleas abertas ou os debates.
Inicio Barbanza - Muros - Noia








