Muros avanza na humanización do seu casco histórico coa reforma da Rúa Real

MUROS> Avanzan a bo ritmo as obras iniciadas na rúa Real de Muros como punto de partida para a mellora do casco histórico do concello. Ademais da renovación do pavimento, neste primeiro treito se acometerán as canalizacións para soterrar o cableado.

Na súa aposta pola rehabilitación e acondicionamento do casco histórico, o concello de Muros iniciou as obras de humanización da Rúa Real. Os traballos neste primeiro treito consistirán no arranxo do empedrado e o soterramento dos cables de telecomunicacións.

A actuación suporá un investimento de máis de oitenta mil euros financiados pola Consellería de Vivenda no marco dunha liña de subvencións específica para a mellora de cascos históricos, Dende o concello agardan poder opptar novamente a estas axudas para avanzar na mellora da accesibiilidade noutras zonas bastante deterioradas como o barrio do Carmen ou as escaleiras de acceso á igrexa parroquial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí