Cambados será ‘fisioculturista’

CAMBADOS> Esta mañá presentouse, en Cambados,  o IV Campionato Galego Norte de España, de Fisicoculturismo e Fitnes, que terá lugar na capital do albariño, o vindeiro 30 de abril.

 

O próximo 30 de abril, Cambados albergará o IV Campionato de Galego Norte de España de Fitnes. Un evento que dende o concello ven moi positivo para atraer un novo tipo de turismo a vila, fóra da tempada estival.

O certame celebrarase no auditorio da Xuventude da vila cambadesa, como xa se fixo na pasada edición. O proceso de pesaxe dos participantes terá lugar as dez da mañá, pero non será ata as catro e media, cando todo o que queira, poida desfrutar da espectacularidade deste deporte. 

Ademais dende o concello xa están traballando na creación dun “Open de Cambados, Capital do Albariño” para promover este deporte. 

Esta previsto que uns corenta participantes, de tódalas categorías, se citen na capital do albariño o vindeiro día 30 de abril, aínda que polo momento as inscricións aínda continúan abertas. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/13/ptac_culturismo_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/13/ptac_culturismo_cambados.mp4{/flowplayer}