Os “Cruzeiros Costeiros da Galiza” desembarcan en Sanxenxo

    SANXENXO> O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, continúa a promoción dos “Cruzeiros Costeiros da Galiza”. Este xoves, tocoulle a vila de Sanxenxo, onde estivo acompañado polo alcalde da vila e o Delegado da Xunta entre outros.

     

    Primeiro foi Vilanova, despois Vilagarcía, e hoxe desembarcaron en Sanxenxo… os “Cruceiros Costeiros de Galicia” xa están oficialmente presentados a esta vila, capital turística en época estival, e a que se pretende, con medidas como estas atraer a visitantes durante todo o ano. 

    Unha aposta firme, por un turismo desestacionalizado e sostible, pola promoción dos productos locais, e tamén polo apoio as localidades costeiras…

    Unha iniciativa que cumpre os requisitos establecidos pola carta de Calidade NEA da Unión Europea, e para todo aquel que queira máis información, poderá consultala na páxina web nauticdestination.com.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/14/ptac_rutas_cruceiros.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/14/ptac_rutas_cruceiros.mp4{/flowplayer}