CAMBADOS> E continuando en Cambados… o concelleiro de Cultura Victor Caamaño presentou o XIII Premio Ramón Cabanillas. Acompañado polos representantes das librerías “Contos” e “Cabanillas”, Caamaño confirmou que este ano tan só haberá unha edición do premio, e non dúas como en anos pasados.
O XIII Premio Ramón Cabanillas de Cambados terá este ano unha soa edición do certame. Nos últimos anos concedíanse dous: un dabao o concello o 9 de novembro, data do finamento do autor, e o outro dabano os libreiros o 17 de maio, con motivo da celebradión do Día das Letras Galegas.
O que se fará este ano é fusionar os dous premios e entregalo o vindeiro 3 de xuño, que é o día do nacemento do escritor. Este ano os galardonados serán os cantautores Xoán Silva e Blas.
O galardón será entregado aos premiados o vindeiro 3 de xuño, as 20:00 da tarde, no auditorio da Xunventude, e consistirá na entrega dun busto de Ramón Cabanillas, firmado polo escultor cambadés, Francisco Vaamonde. Ademais haberá unha actuación musical e algunha actividade máis que todavía faltan por concretar.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/14/premios_ramon_cabanillas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/14/premios_ramon_cabanillas.mp4{/flowplayer}