O BNG reclamará no congreso que as decisións sobre o sector do mar se tomen en Galicia

A ILLA> O BNG promete na Illa de Arousa defender os intereses do sector do mar en Madrid. A Líder da formación, Ana Pontón, e candidata ao congreso por Pontevedra, presentaron as súas propostas para axudar ao sector: Que as decisión se tomen en Galicia, rexenerar as rías, poñer en valor o produto galego e melloras as condicións das mariscadoras.

O BNG desprazouse este luns á Illa de Arousa para mostrar o seu apoio ao sector do mar. Dende a formación prometer ter en conta as necesidade do sector na vindeira lexislatura. Necesidades que pasan entre outras cousas por rexenerar as rías e loitar contra a contaminación. 

Dende a formación tamén queren poñer en valor o produto galego.

O BNG tamén promete loitar porque melloren as condicións dos e das traballadoras do mar.

Dende o BNG agardan acadar os votos suficientes para ter un grupo parlamentario propio e poder reclamar que as decisións que afecten ao sector do mar se tomen en Galicia.

A formación considera que outros partidos están reclamando o voto útil ou o voto por medo, fronte a iso defenden que apoiar ao BNG é apoiar a Galicia e a ilusión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí